O albariño proponse como unha alternativ ao chardonnay en EE.UU

Pontevedra> Cinco prescriptoras estadounidenses iniciaron hoxe unha visita a Denominación de Orixe Rías Baixas. O obxectivo coñecer con maior profundidade os viños que se elaboran nas diferentes subzonas. Nesta visita deixaron claro que o albariño está en auxe nos Estados Unidos presentándose como unha alternativa ao chardonnay. REPOR Cinco prescriptoras estadounidesnses están estes días nas Rías Baixas para coñecer e facer un repaso polos caldos da Denominación de Orixe. Visitarán 8 bodegas e catarán diferentes viños. O obxectivo é que descrubran os matices e teñan máis coñecemento sobre viños das Rías Baixas. TOTAL Din que en Estados Unidos gusta moito o viño albariño, incluso a directora de promoción dos viños Rías Baixas en Estados Unidos nos dixo esta maña que un famoso crítico de viños dixo que o albariño é unha das principais alternativas ao chardonnay. TOTAL O perfil do consumidor de albariño en estados unidos é moi amplo, pero sobre todo xente nova. TOTAL Estados Unidos é o principal mercado exterior para os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, cun crecemento sostido. No 2016, o 38,55 por cento do viño exportado polas bodegas da denominación tivo como destino o país americano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/americanos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/americanos.mp4{/flowplayer}