Combarro réndese ós encantos do mar

    POIO>> Xa está rodando a dezasete edición do Festival do Mar que encherá de actividades a vila de Combarro ata este domingo. Gastronomía, música, exposicións ou teatro conforman o programa dunha Festa que busca ser declarada para o próximo ano, de Interese Turístico Galego. Polbo á feira, ameixas á mariñeira ou mexillóns ó vapor…son algúns dos principais protagonista da Festa do Mar de Combarro, que como non podía ser doutro xeito, traerá os mellores productos das nosas rías á carpa instalada no Peirao da Canteira ata o próximo domingo 27. Durante a primeira xornada, veciños e veciñas de Poio compartiron mesa con turistas nacionais e estranxeiros nunha das citas gastronómicas máis agardadas do mes de agosto. Pero non só de produtos do mar se alimenta esta Festa. A música é un dos ingredientes esenciais da cita. Esta noite tocarán Xavier Díaz e As Adufeiras, e a fin de semana a Armadiña contará con Heredeiros da Crus, Dakidarría, RuxeRuxe ou Def con Dos. David Civera foi o encargado de inaugurar os concertos onte á noite totales Ademais…teatro, folclores, exposicións, visitas guiadas, obradoiros…Un programa do máis completo cun nexo en común, que cómo non, é o mar, encherá de actividades a parroquia poiense de Combarro ata este domingo 27. Un refrescante plan para esta fin de semana.