O Festivala desembarca en Fexdega o sábado

    VILAGARCIA> O  Concello de Vilagarcía foi o lugar elixido para a presentación do Festivala. Un festival pioneiro na zona,  que chega a vila para incidir na necesidade de visibilizar o papel das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade.

     

    A primeira edición do Festivala “Mulleres creando” chega este sábado 26 de novembro a Vilagarcía para amosar o papel da muller como creadora en diferentes eidos e loitar contra as violencias machistas.Unha iniciativa organizada polo colectivo O Soño de Lilith.

    Variedade de propostas culturais daranse en Fexdega. Mulleres creadoras de toda a provincia de Pontevedra achegarán os seus traballos en múltiples disciplinas: ilustración, pintura, alimentación, asociacionismo, deseño e moda. 

    O Festivala pretende reivindicar pero tamén celebrar unha festa por todas esas mulleres creadoras.  Ademais haberá presentacións literarias e microteatro e moitas outras actividades. 

    A música terá tamén un papel importante, que xa empezará a soar ás 13:45 h coa Sesión Vermú a cargo do grupo de percusión tradicional galega As Punkiereteiras que abriran a quenda de concertos que se celebrarán ao longo da tarde, ata as 00:00 que se de por concluído o festival. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/ptac_festivala_fexdega_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/ptac_festivala_fexdega.mp4{/flowplayer}