Para o PP provincial os orzamentos confirman a paralización da Deputación

Pontevedra> Un orzamento sen contido e baleiro de propostas, desta maneira cualificaron dende as filas do PP Provincial as contas que este venres aprobarán na Deputación de cara ao 2017. Os populares cren que con estas cifras ponse unha vez máis en evidencia que Carmela Silva preside unha Deputación paralizada e sen rumbo.  

 

Dende o PP provincial analizaron esta maña o orzamento que este venres aprobarán na Deputación de Pontevedra. Para os populares unha vez máis din que o actual goberno presenta unhas contas sen contidos e baleiras de propostas. Dende o PP dixeron esta mañá que o 50 por cento do orzamento deste ano está sen executar e que estas cifras poñen en evidencia a paralización da actual Deputación Provincial. 

Dende o PP din que unha vez máis se lle volve a dar a espalda aos concellos cun investimento de soamente o 27 por cento das cifras totais. Baixando aos 40 millóns dos 60 que se investían na época de Louzán. O popular  Ángel Moldes dixo esta mañá que non entende porque a actual deputación criticou as subvencións nominativas e agora volve a apoiar esta medida. 

Dende o PP creen que o goberno da Deputación está perdendo toda a súa credibilidade e que este orzamento para o 2017 é como un coche sen motor, que nada se pode facer con el. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/pp_depu_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/pp_depu.mp4{/flowplayer}