O Celta B será o rival do Boiro este próximo domingo

    BOIRO> Barraña vivirá este próximo domingo un novo derbi. O filial vigués chega asentado na terceira praza da clasificación no grupo primeiro da Segunda B. Partido vital para o Club Deportivo Boiro este domingo, nas súas aspiracións de manter a categoría. Ante si un rival complicado como é o Celta B, que chega a Boiro asentado na terceira praza da clasificación con trinta puntos, 14 máis que os boirenses. O filial vigués chega ademais cunha racha de dous partidos sen coñecer a derrota, ó contrario que o Boiro que perdeu os seus dous últimos enfrontamentos ante o Racing de Santander e o Palencia. Os de Fredi Álvarez agardan poder dar un cambio de rumbo e ofrecerlle unha nova vitoria á súa afección que de seguro ateigará o Municipal de Barraña. O comezo do encontro está fixado para as catro e media da tarde. Nesta xornada destacar tamén o dobre enfrontamento entre equipos galegos como e o caso do duelo ferrolán entre o Somozas e o Racing de Ferrol e o Coruxo e o Pontevedra.