A lonxa de Ribeira o exercicio de 2007 con cifras históricas

    balancelonxa_100_110108.jpgRIBEIRA > A lonxa municipal de Ribeira pechou o ano cun balance económico do máis positivo. A facturación achegouse ó 37 millóns de euros.

    O alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, e o administrador da lonxa municipal, Xosé Manuel Orellán, foron os encargados de presentar o informe estatístico correspondente ó exercicio de 2007. Os datos non podían ser máis positivos cunha facturación de 36’7 millóns de euros, un 14’65 por cento máis que os 32’4 millóns facturados en 2006.

    As capturas tamén experimentaron un forte incremento con máis de 30’5 millóns de quilos de peixe, cando en 2006 non chegaban ós 27 millóns, o que supón un incrmeto do 13 por cento.

    Principais especies

    A especie que máis aumentou, tanto en descargas como en vendas, foi o xurelo con oito mil toneladas que facturaron sete millóns de euros. Séguenlle o lirio, a xarda e a sardiña. Tamén experimentan un ascenso as descargas de pescada, ameixa e polbo, os moluscos, peixe azul e peixe branco.

    Estas positivas cifras fan que Ribeira se manteña como o quinto porto de Galicia en canto a facturación e segundo en peixes e mariscos vendidos, tan só por detrás do porto de Vigo.

    A nota negativa vén marcada polo descenso na descarga de túnidos que se reduciron case á metade (30 mil toneladas) con respecto ó 2006. Trátase dunha redución xeralizada en tódolos portos motivada pola escaseza nas capturas e a competencia exterior.

    Nova lonxa

    O importante volume de actividade pon de manifesto, máis que nunca, a necesidade dunha nova lonxa para Ribeira, independentemente do lugar onde se ubique, posto que as actuais instalacións etsán a quedarse pequenas.

    O rexedor ribeirés informou de que a intención de Portos de Galicia é ubicar a nova lonxa no porto exterior, a pesar das dúas opcións alternativas plantexadas polo concello para construir as novas instalacións; ben nas inmediacións do club náutico ou ben a carón da lonxa actual.

    {flowplayer}barbanza/balancelonxa.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza