BOIRO> O alcalde de Boiro saíu ó paso das acusacións dos grupos da oposición sobre o cobro adiantado do IBI. Xoán Xosé Dieste explicou que se modificou o calendario para facilitar o pago aprazado do imposto e evitar a súa coincidencia con outras taxas municipais. Coa modificación da ordenanza fiscal, os boirense poderán realizar o pago do IBI entre o 20 de marzo e o 5 de xullo, ben nun só pago ou en tres prazos. Trátase dunha medida para facilitar o ingreso das taxas a aquelas familias con menos recursos xa que ata o de agora tan só se podía realizar nun único pago no último trimestre do ano. A medida foi duramente criticada pola oposición, ó supoñer un adianto con respecto ó ano anterior. Algo que non entenden dende o executivo xa que se está promover unha política fiscal eficiente para o concello e para os contribuíntes, evitando a suba de taxas especialmente ós que máis o necesitan. Dieste pon como exemplo o feito de ter reducido a débeda municipal á metade e realizar o pago a provedores a nove días, como mostra da seguridade financeira da boa saúde das arcas municipais.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










