A campaña marisqueira de Noia reabre por terceira vez entre o desánimo e a esperanza

    NOIA> Desánimo entre os mariscadores de Noia polo que consideran unha campaña nefasta. Tras dous paróns case seguidos na recollida do marisco debido á toxina, esta mañá volveron saír ó mar. Á marea vermella hai que sumarlle os baixos prezos que están acadando os bivalvos.

     

     

     

     

    Esta mañá os mariscadores de Noia reabriron a súa campaña, por terceira vez. Despois de dúas mareas vermellas rexistradas durante este mes na Ría de Muros e Noia, o balance que os traballadores fan da campaña non é, desde logo, moi positivo.Despois de que o INtecmar confirmase onte ó pósito que a toxina desaparecera, os 1.500 produtores puideron volver á actividade, pero comeza a notarse que xa non hai tanto marisco como ó principio da campaña, e custa máis chegar ós topes. A súa cotización media foi de 4,5 euros o quilo. Este non está sendo un bo ano para o colectivo. Á prohibición de coller marisco debido á toxina, únese a baixa cotización do berberecho, o que provocou que se rebaixasen os topes ó comezo da campaña. A campaña comezou hai case dous meses, e en total, os mariscadores puideron saír ó mar 15 xornadas escasas. Aínda así, hai esperanzas no mes de decembro. Agora toca traballar e agardar que as mareas vermellas non se volven cruzar no seu camiño.