MEAÑO> Meaño exalta a súa gastronomía. Entre o 3 e o 11 de decembro o concello organizará o seu segundo concurso de tapas, unha cita que repite tralo éxito da edición do ano pasado. Nesta ocasión serán oito restaurantes os que ofrezan as súas propostas aos clientes, na procura de darse a coñecer e desestacionalizar o turismo.
Tralo éxito da convocatoria do ano pasado, Meaño lánzase a repetir concurso de tapas. Oito establecementos do concello participarán nesta edición, que se celebrará entre os días 3 e 11.
Tosta de outono, ovo escalfado sobre shitake foie de pato, canelón de lacón con grelos ou costelas ao forno, son algúns dos nomes que levan as propostas dos restauradores nesta edición. Para eles, o concurso é tamén un xeito de experimentar e atraer novos clientes.
Á oportunidade que supoñen estas iniciativas para os locais tamén se referiu o chef Javier Olleros, que dirixe o único restaurante con Estrella Michelín de O Grove, Culler de Pau.
A bloguera Rocío Garrido, a enóloga María Sineiro e o director do centro de hostalería Carlos Oroza, Manuel Hermo, formarán o xurado encargado de escoller aos gañadores. Ademais dos tres premios do xurado, tamén se recoñecerá ao local que decida o público.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/ptac_tapas_meano_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/ptac_tapas_meano.mp4{/flowplayer}