![]()
Pontevedra> Finalmente non haberá acordo entre o PP e o BNG para a aprobación dos orzamentos do vindeiro ano en Pontevedra. O voceiro popular anunciou esta mañá que o seu partido dirá non as cifras que os nacionalistas levarán a pleno. A razón principal é a baixada do 10 por cento do IBI que demandaban os populares. Jacobo Moreira cree que é posible e o Goberno Local considera que a día de hoxe non é viable.
Todo parecía indicar que o acordo entre o BNG e o PP para a aprobación dos orzamentos do concello de Pontevedra de cara ao 2017 estaba ao caer… Esta mesma mañá o concelleiro de Facenda fixo referencia a este sentir. Dixo que as reunións que mantiveron foron frutíferas, que as contas xa teñen incluídas propostas de todos os partidos e asociacións e incluso falou da rebaixa no imposto da recollida de lixo que demandaban dende as filas populares.
Pero finalmente ese acordo de momento non chegará. O PP de Pontevedra votará non a estes orzamentos, valoran positivamente o bo ambiente e cordialidade da reunións pero seguen dicindo que parece que o BNG non se da conta de que non Goberna en maioría. Dende as filas populares cren que a baixada do 10 % do IBI que solicitan é posible. Esta é unha das medidas polas que adoptaron o NON.
Dende as filas populares votaron de menos a presenza do alcalde, como solicitaran, nalgunha destas reunións. Un síntoma, segundo Moreira, de que o Goberno non tiña moita vontade de chegar a un acordo co Partido Popular. Dende o PP teñen claro que non se pode pechar unha negociación se pechar antes medidas concretas. Moreira da por zanxada as negociacións co non do PP aos orzamentos do Goberno Local. Así que os nacionalistas deberán seguir buscando aliados ou abstencións xa que co seu voto a favor e a negativa da oposición estas contas non sairán adiante.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/orzamentos_concello_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/orzamentos_concello.mp4{/flowplayer}











