Modificar os lombos da cidade segundo a normativa suporía un investimento de 2 millóns de euros

Pontevedra> O informe técnico realizado polo concello de Pontevedra para analizar se os lombos da cidade cumpren cos parámetros do Ministerio de Fomento di o seguinte. Dos 350 lombos de Pontevedra, 7 están por enriba destes parámetros e 265 deberían ser modificados. Co cal dende o concello anuncian que se debería realizar un investimento de 2 millóns de euros, algo inasumible a día de hoxe. 

 

Un informe técnico municipal sobre os redutores de velocidade indica que só sete redutores de velocidade dos 353 do concello teñen un rango de dureza superior á permitida pola Orde de Fomento, a que a oposición quere ter como norma reguladora na cidade. Dos 353, 265 deberían ser modificados a para que cumpran esta normativa por considerarse en rango inferior. O que suporía un gasto de 2 millóns de euros aos que o concello agora mesmo non pode facer fronte. 

Dende as filas populares quixeron lembrarlle ao concello que o que pediron en pleno é que todos os lombos que se executen dende esta normativa se fagan segundo indica a mesma  e non con outros parámetros. 

O concelleiro Luis Bará quixo lembrar que, pese a que foi unha medida aprobada no pleno por maioría da oposición é o Goberno Local o que decidirá sobre qué facer con este estudo xa que supón un importante gasto, dous millóns de euros, así que estes traballos de regulación dos lombos, de momento, non se levarán a cabo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/lombos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/lombos.mp4{/flowplayer}