O Black Friday chega con forza ó Barbanza

    Moda, calzado, xoiería, hostalaría viaxes…mesmo estética e beleza, tódolos sectores aproveitan este venres negro importado para engaiolarnos cos seus grandes descontos, Pero sen dúbida o rei deste Black Friday é o electrodoméstico.. 

      

    Antes estas promoción esta mañá foron poucos os que se resistiron. Chamémoslle Black Friday, ou excusas para promover o comercio, o nome e a procedencia,é o de menos. As ofertas desta tenda de electrodomésticos de Ribeira é só un exemplo da invasión do Black Friday na comarca. En Boiro, máis de 35 comercios participan no Black Weekend, para que conformase cun só día de descontos se podemos facelo venres e sábado? Iso pensaron tamén en Noia, onde alongarán as ofertas ata o domingo. Ó igual que en Rianxo, onde as tendas xa abren tamén neste día habitualmente polo mercado.  Na Pobra, no pequeno comercio durante esta xornada non se pagou o IVE. Múltiples ofertas, en cada municipio, e en tódolos produtos e servizos…aproveiten, iso sí, recomendan os expertos, facelo coma sempre, con sentidiño. 

    {flowplayer