Sorrisos e lágrimas de felicidade entre o persoal de ENCE tras coñecer a sentenza que avala a continuidade en Lourizán

PONTEVEDRA> As reaccións a esta sentenza do Tribunal Supremo non tardaron en aparecer. Dunha banda, hoxe converteuse nunha auténtica xornada festiva para os traballadores da factoría de ENCE en Lourizán. Tamén para a propia empresa.

O Tribunal Supremo valida a prórroga da concesión a ENCE, que poderá continuar en Lourizán ata o 2073. Atrás quedan xa momentos coma estes. O último onte pola mañá, cando volvían reclamar a pé de fábrica a súa continuidade.

Para os traballadores de ENCE, a decisión que se daba a coñecer este mediodía supoñía o remate de anos de incerteza.
Un futuro en Lourizán que, confían, veña acompañado de novos investimentos por parte da empresa.

Agora son momentos de celebración para o persoal da pasteira. Algo que, cando menos polo de agora, farán dentro da empresa.

Dende a ENCE comparten a satisfacción do seu persoal. Nun comunicado, a compañía celebrou que o Tribunal Supremo rematara coa incerteza sobre o seu futuro en Galicia. Unha seguridade que, aseguran, lles permitirá executar os seus plans para a factoría pontevedresa. A pasteira tende a man aos colectivos máis críticos coa súa actividade para reunirse e atopar puntos de encontro e de colaboración. Tamén se comprometen a reactivar o seu plan social, suspendido hai tres anos, e que supón unha achega de 3 millóns de euros ao ano a colectivos sociais da contorna.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí