A Cruz Vermella recoñece a labor ás empresas que participan no seu Plan de Emprego

Pontevedra> Durante o 2016 275 persoas participaron nos cursos de formación do Plan de Emprego da Cruz Vermella. Esta mañá empresas e beneficiarios desta iniciativa déronse cita na cidade do Lérez. Trátase dunha actividade na que participan 44 empresas da provincia e grazas a cal 160 persoas atoparon traballo. 

 

Esta maña puidemos coñecer máis sobre o Plan de Emprego que ofertan dende a Cruz Vermella. Xa que nesta xornada esta entidade de Pontevedra recoñeceu a labor de 30 empresas da cidade que colaboran con este plan. Unha iniciativa na que colaboran en total 44 empresas da provincia. Neste 2016 275 persoas asistiron participaron nalgunha das iniciativas de inserción laboral deste plan das cales 160 conseguiron o posto de traballo. Os obxectivos principais deste plan é o de potenciar o emprego en persoas de situación de desvantaxe  e loitar contra as barreiras sociais. 

Dende as empresas amosáronse encantadas de poder formar parte deste Plan de Emprego da Cruz Vermella. 

E esta mañá tivemos a oportunidade de falar con algúns dos alumnos destes cursos formativos. 

Unha iniciativa que consegue cambiar a vida de moitas familias. 

Despois de catro anos traballando pola igualdade de oportunidades e o emprego dende a Cruz Vermella o único que agardan é que sexan moitas máis as empresas que se asocien a este plan co fin de axudar os que máis o precisan. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/cruz_vermella_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/cruz_vermella.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí