Comezan as negociacións entre BNG-PSOE para conseguir aprobar o orzamento do 2017

Pontevedra> As negociacións entre o PSOE e o BNG de Pontevedra comezaron esta mañá. O fin é poder chegar a un acordo para aprobar antes de finais de ano os orzamentos do 2017. Dende o Goberno Local non quixeron facer declaracións, o PSOE pola súa banda falou de cordialidade neste encontro aínda que Agustín Fernández dixo que, de momento, o Goberno non conta co apoio socialista. 

 

Onte o voceiro do PSOE deixaba unha mensaxe clara, se non recibía unha chamada do Goberno Local el non ia a ser o que comezaría o proceso de negociación de cara aos orzamentos do 2017. Pois a mensaxe chegou rápida e hoxe mantiveron a primeira reunión PSOE e BNG que durou preto de dúas horas. Os socialistas din que non poñen ningún tipo de liña vermella pero sí que piden a modificación das ordenanzas fiscais como o IBI, tamén solicitan o plan de reactivación económica, o impulso de políticas sociais , o compromiso de execución das vías sanitarias e a concreción da obras que se van a executar. 

Dende o PSOE dixeron que a reunión fora moi cordial pero a hora de momento teñen claro que con estas cifras e partidas enriba da mesa non aprobarán estes orzamentos. 

Mañá continuarán estes encontros co fin de chegar a un bo entendemento. A reunión será ás 12:30 da mañá e veremos se desta vez se teñen en conta as propostas que solicitan dende as filas socialistas da cidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/orzamentos_psoe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/orzamentos_psoe.mp4{/flowplayer}