350 pequenos empresarios chegan ao Pazo Provincial grazas ao Depoemprende na Escola

Pontevedra> Preto de 350 escolares visitaron esta maña a Deputación de Pontevedra co fin de presentar o seu proxecto de empresa dentro do Depoemprende na escola. Unha iniciativa que ten como fin que os alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria aprendan a xestionar unha cooperativa na que fabricarán produtos que venderán ao remate do curso académico.

9 centros escolares da provincia de Pontevedra participan no proxecto Depoemprende na Escola que lanzan dende a Deputación de Pontevedra. O obxectivo é que estes estudantes de cuarto, quinto e sexto de primaria saiban xestionar unha cooperativa na que fabricarán os seus propios produtos para vender ao remate do curso académico nun mercado ou feira da súa localidade. Para estes 340 nenos é toda unha experiencia laborar poder levar a cabo esta inicitiva. 

Unhas cooperativas cunha organización moi marcada… 

A presidenta sentíuse emocionada polo compromiso destes centros e dos mestres do mesmo. E despois de coñecer as iniciativas que alí se presentaron de cada un destes coles Carmela Silva dixo que se trata de ideas moi interesantes. 

Carmela Silvan foi a encargada de entregar o CIF que cada unha destas 9 cooperativas terá ao longo deste curso para o seu proxecto. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/depoemprende_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/depoemprende.mp4{/flowplayer}