Namorando reflicte que os adolescentes detectan o maltrato só, dun xeito claro, coa violencia física

Pontevedra> O programa Namorando detecta que os adolescentes identifican o maltrato, só dun xeito claro e maioritario, coa violencia física. 345 alumnos de catro institutos de Pontevedra participaron neste programa de prevención de violencia machista que promove a Concellería de Educación e Igualdade.

Agredir fisicamente empurrar no transcurso de unha discusión, obrigar a ter relacións sexuais sen apetecerlle a el ou a ela, insultar, humillar e facer calar a outra persoa en público ou en privado é maltrato. Os adolescentes téñeno claro, pero se falamos de dicirche como debes vestirte, comportarte, do control do móbil, da compañía, das túas amizades… neste casos a claridade non é tal. Esta é a realidade que reflicte o programa Namorando que se desenvolve en 4 institutos da cidade de Pontevedra coa participación de 345 alumnos.

Un programa moi ben valorado polos protagonistas do mesmo, esta maña puidemos falar con algúns alumnos que participaron neste Namorando, de 4 da ESO do IES Sánchez Cantón.

O importante segundo a concelleira de Igualade e Educación é traballar moito fora do entorno escolar, xa que o sistema educativo garante e educa na igualdade. O problema, di, esta no exterior.

E moitos estudantes quedaron coa lección ben aprendida grazas a este programa. Un programa que lle abriu, se cadra, máis a mente no camiño da igualdade e o respecto.

O obxectivo de nArmorAndo no é outro que os e os adolescentes reflexionen e vivan a repercusión que ten o amor romántico na súa visión das relacións de parella. Axudarlles a criticar e rexeitar concepcións erradas que impiden que se desenvolvan como persoas completas, que perpetúan a procura da felicidade noutra persoa esquecendo as súas inquietudes, intereses e formas de ser e estar particulares.