Pontevedra> O luns 12 de febreiro bota a andar DOCS DO MES, unha cita promovida pola Universidade, que ten como fin achegar 10 documentais o terceiro luns de cada mes ao Teatro Principal ás 20:30 da tarde. A entrada será de balde ata completar o aforo. O documental encargado de inaugurar este ciclo será Amazona.
10 documentais chegarán a cidade de Pontevedra grazas ao Ciclo DOCS do Mes da productora Parallel 40, un evento que chega a Boa Vila potenciado pola Universidade e coa colaboración do concello de Pontevedra. Unha cita que achegará mensualmente, o terceiro luns de cada mes, un documental, agás neste mes de febreiro que irán dous, xa que en xaneiro non se proxectou ningún.
A cita será de balde e que converte a Pontevedra na segunda cidade galega, despois da Coruña, en acoller este ciclo de documentais.
O proxecto prentende achegar o xénero documental á poboación e xerar novos públicos e torno a el. Unha oportunidade única para desfrutar das mellores documentais dende a Boa Vila.
A primeira proexcción será o luns 12 de febreiro con Amazona, a segunda o 19 de febreiro con Machines, e a terceira deste primeiro trimestre o 19 de marzo con Gracias por la Lluvia. Un ciclo que conta cun orzamento de 1800 euros e que cada mes, agás xullo e agosto que descansa, achegará ao teatro principal un documental que non deixará a ninguén indiferente.