Os veciños de Raxó quéixanse do ‘abandono’ que sofren desde hai catro anos

POIO> Beirarrúas na PO-308 ó seu paso por Raxó, máis aparcamentos públicos ou a construción urxente da EDAR de Poio. Son algunhas das reivindicacións que desde a Asociación de Veciños A Laxe veñen facendo nos últimos catro anos sen que ningunha administración, din, lles fixera caso. Agora montaron unha exposición con fotos destas denuncias para ver se os candidatos ás eleccións toman nota. Aseguran que o momento, coincidindo con plena campaña electoral, non é buscado. Pero na Asociación de Veciños A Laxe están cansos de facer as mesmas reivindicacións durante anos e que ningunha administación lles faga caso. E como proba, unha exposición con decenas de fotografías nas que plasman as súas denuncias. Montárona no centro cultural da parroquia, para que quede ben á vista. Insisten na necesidade de beirarrúas para a PO-308, a urxencia dunha Estación Depuradora ou a creación dunha praza pública na parroquia, que sirva de zona de esparexemento e lecer para veciños e turistas. A mostra, din desde a Asociación, fíxose como último recurso, cansos de enviar escritos e peticións a tódalas administracións competentes e incluso participar en protestas e manifestacións como as que se fixeran solicitando a mellora da seguridade viaria da PO-308. Piden máis atención ás Asociacións de Veciños, e xa que estamos en campaña electoral, que os candidatos ‘tomen nota’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/QUEIXASVECINOSPOIO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/QUEIXAS_VECINOS_POIO.mp4{/flowplayer}