Os mariscadores de Noia esixen no pleno solucións á súa tráxica situación

    NOIA> Os mariscadores de Noia esixen unha solución á desastrosa campaña que están padecendo, debido ós tres paróns provocados pola marea vermella e ós baixos prezos do bivalvo. Desesperados coa situación presentaron no pleno de onte unha moción de urxencia.

     Os traballadores do mar acudiron onte en mas ó pleno municipal para amosar a difícil situación que está atravesando o sector, con prezos baixos e a constante irrupción da toxina, Representados pola Plataforma en Defensa da Ría, os produtores presentaron unha moción de urxencia que foi aprobada por unanimidade polo pleno. Esta mañá, ante uns pantaláns completamente paralizados unha xornada máis, os membros de Plademar explicábannos a súa desesperación. Ademais de esixir unha maior transparencia no tocante ás análises de Intecmar, os mariscadores piden tamén que se modifique o sistema de poxa actual.Despois de que onte se pechase de novo a campaña, tras tres intentos de reapertura pola marea vermella, as perdas económicas dos mariscadores son realmente preocupantes. Uns 200.000 euros ó día. Na súa moción de urxencia esixen ó concello que intermedie ante a Consellería do Mar para que se habiliten as axudas económicas necesarias para paliar esta situación. Sobre este tema preguntamos hoxe á conselleira de Pesca, Rosa Quintana, quen dí entender o desánimo que están a vivir os traballadores. Os mariscadores, ante este argumento, explican que non é o mesmo vender o produto nunca época ca noutra, e que o seu valor redúcese moitísimo en función do momento de extracción. O que aseguran, de  momento, é que a campaña deste Nadal a consideran totalmente perdida. 

    Outro dos temas que se abordaron no intenso pleno de onte en Noia, e que tamén afecta ós mariscadores, é a polémica arredor dos posibles verquidos do proxecto de explotación das Minas de San Finx, en Lousame, e cuxas augas van directamente á Ría de Muros e Noia. O BNG de Noia levou ó pleno unha moción para que o concello se opoña á autorización do verquido de máis dun millón de metros cúbicos ó ano de augas residuais  á cunca da Ría de Muros e Noia. Unha solicitude que realizou a empresa Tungsten San Finx, encargada da xestión da explotación da Mina, a Augas de Galicia. A moción foi apoiada polo pleno, pero os mariscadores da Ría, vendo que a súa situación pode aínda verse empeorada por estes verquidos, esixen unha maior contundencia ó goberno local. Os mariscadores afirman que esta Praia de Testal produce desde 14 e ata 30 millóns de euros ó ano, por iso cren que aquí hai moito en xogo. Antes estas reclamacións, quixemos preguntar á alcaldesa de Lousame, concello que alberga esta Mina de San Finx, a súa opinión respecto das queixas dos mariscadores de concello veciño.