A Xunta saca a exposición pública o proxecto de senda peonil de Burés e A Casilla

RIANXO> Satisfacción en Rianxo polo anuncio da  consellería de Infraestruturas e Mobilidade de someter a exposición pública o proxecto de construción dunha senda peonil na estrada comarcal AC-305, no tramo comprendido entre A Casilla, o Araño e Burés.

A actuación suporá un investimento de preto dos 400 mil euros.

O alcalde, Adolfo Muíños, mostrou a súa satisfacción por este anuncio da Xunta, xa que permitirá resolver unha vella demanda veciñal e tamén do propio Concello.

A actuación prevé a construción dunha senda peonil na marxe dereita da AC-305. Actuarase basicamente en dous tramos diferentes. O primeiro deles de Burés a Xens, onde conectará coa senda xa existente. O segundo dos tramos comprenderá a zona de Contres ata a Casilla.

O período de presentación de alegacións estará aberto ata o 21 de setembro. A Xunta agarda poder sacar a licitación as obras a finais deste mesmo ano para que a súa execución poida ser unha realidade xa en 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí