NOIA> Trátase dun circuíto de carreiras de montaña a nivel galego que xa percorreu anteriormente localidades coma Ames, Sanxenxo, Muros ou a Pobra do Caramiñal. Noia será a derradeira proba do circuíto Trail Galaica, do que formaron parte este ano un total de sete carreiras en localidades tan dispares como Ames, Sanxenxo ou a Pobra do Caramiñal. A cita será o próximo once de decembro e desenvolverase integramente polas paraxes da comarca noiesa. Cunha distancia aproximada duns vinte quilómetros, a proba terá unha dificultade media-alta. Dende a organización agárdase unha participación duns douscentos atletas. As inscricións poderán realizarse ata o día 8 de decembro a través da web: www.trailgalaica.com.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









