Varela aposta por tomar a iniciativa e solucionar o problema do río no garaxe

    VILAGARCÍA> Ravella, decidida a atopar unha solución para os veciños do edificio polo que pasa un río. Onte, Augas de Galicia anunciaba o arquivo do expediente contra a promotora da obra, encargada de financiar a última fase dos traballos para arranxar o problema. Agora, o alcalde aposta por tomar a iniciativa: que Xunta e concello rematen as obras e que despois pidan responsabilidades á empresa.

     

    O alcalde de Vilagarcía aposta por adoptar no caso do garaxe afectado polo paso da canalización dun río unha solución semellante á tomada no edificio do Castro. Segundo a proposta de Alberto Varela, Xunta e concello deberían tomar a iniciativa.

    Esta mañá, Varela recibiu a representantes dos veciños afectados destas vivendas na céntrica rúa Rodrigo de Mendoza, que padecen un problema de inundacións que se prolonga xa 19 anos. Onte, Augas de Galicia arquivaba o expediente contra a empresa promotora, polo que non terá que executar as obras que lle corresponden para arranxar a situación: a construcióndunha canle exterior ao garaxe para reconducir o río.

    O alcalde xa solicitou un encontro co presidente de Augas de Galicia para abordar este problema e trasladarlle a súa proposta. Mentres, os veciños deste edificio de Rodrigo de Mendoza continuarán pendentes do ceo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/rio_garaxe_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/rio_garaxe_vilagarcia.mp4{/flowplayer}