o BNG de Boiro defende o uso público da Boqueira de Anegral

    BOIRO> O Bloque Nacionalista Galego de Boiro critica a modificación urbanística dos usos da zona da Boqueira de Anegral. Unha decisión do goberno local que foi aprobada en pleno, aínda que contaba coa negativa da oposición. Os nacionalistas vén neste cambio un afán privatizador.

     

     

     

    O BNG de Boiro amosou esta mañá o seu rexeitamento á modificación urbanística do uso destes terreos da zona coñecida como Boqueira de Anegral, e onde hai un aparcamento que acumula anos de desuso e aínda sen inaugurar, unhas pistas polideportivas e unha praza.  Co voto favorable do PP, e toda a oposición en contra, aprobouse esta modificación puntual do plan parcial de Barraña, que define un uso comercial dos terreos. Desde a oposición non entenden o argumento do goberno local, que explica que no seu día, o goberno nacionalista de Xosé Deira, aprobou este plan de forma inicial, pero deixou sen definir os usos de dita parcela, que agora pasan a ser comercial, deportivo. institucional e terciario. Os nacionalistas anuncian que emprenderán toda clase de actuacións para asegurar que non se altere o uso público da parcela, e para evitar que se destine ó beneficio de empresas ou intereses privados.