OUTES> O concello de Outes abre o prazo da convocatoria para que as empresas do municipio afectadas pola crise da covid poidan solicitar unha axuda económica que contribúa a paliar os efectos negativos derivados da pandemia. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de novembro.
O concello de Outes abriu o prazo da convocatoria para que as empresas do municipio que resultaron afectadas pola crise da covid poidan solicitar unha axuda económica que contribúa a paliar os efectos negativos da pandemia. O orzamento aprobado no seu día pola corporación municipal ascende a uns noventa mil euros.
As achegas terán dúas liñas, unha para empresas que se viron obrigadas ó peche por causas de forza maior, ás que se lle asignarán uns 400 euros; e unha segunda liña para ás empresas que tiveron un descenso drástico da súa facturación, dotada con 300 euros. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 17 de novembro.
Por outra banda, o alcalde, Manuel González, anunciou que proximamente sairá outra liña de axudas, neste caso cofinanciadas pola Deputación da Coruña, dentro do Programa PEL-Reactiva, ó que se adheriu tamén o Concello, e que estarán dotadas cun orzamento de 77 mil euros. Estas axudas serán publicadas e xestionadas desde o propio Concello.