As redeiras da moda

    RIANXO> As Directoras Xerais de Comercio e de Desenvolvemento Pesqueiro, visitaron esta mañá o Curso de deseño e aplicación das técnicas das redeiras ó sector da moda. Un proxecto enmarcado no Programa Enredadas da Xunta, que se está levando a cabo na sede da Empresa textil D-Due, en Rianxo.

     

     

     Impulsar a diversificación do traballo das redeiras co deseño e a elaboración de novos produtos artesáns, é o obxectivo do Programa Enredadas, un proxecto conxunto da Consellería do Mar e a de Economía. Un dos cursos, o de “Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ó sector da moda”, ten lugar nas instalacións da empresa textil D-Due en Rianxo. Hoxe, estas redeiras da moda, recibiron a visitas das directoras xerais de Comercio e Desenvolvemento Pesqueiro. Para as redeiras, que levan case 30 anos de profesión, está sendo unha experiencia enriquecedora, pero aínda así, teñen claro que non cambiarían as redes polas teas. O curso, que remata este sábado, está impartido polos deseñadores Charo Forján, e Alfredo  Olmedo. A fusión entre artesanía e tendencia, mar e moda, á vista está que non podía senón ofrecer un resultado espectacular.