PROTURGA organiza o IV Foro de turismo accesible no Príncipe Felipe

Pontevedra> Un ano máis, e xa van 4, os Profesionais do Turismo de Galicia organizan o foro de turismo accesible. Unha cita que se desenvolve no auditorio do Príncipe Felipe e que ten dous obxectivos claros. Por unha banda, transmitir a perspectiva humana do turismo accesible, e por outra, poñer en valor o traballo desenvolvido polo Carlos Oroza que se implica ao 100%con esta causa creando experiencias turísticas baseadas nos sentidos. 

 

Dende a asociación de Profesionais do Turismo de Galicia organizaron un ano máis as xorbadas de turismo accesible. Unha iniciativa que ten como fin transmitir a perspectiva humana do turismo accesible, da man de profesionais e operadores turísticos que teñen experiencia no trato con persoas con diversidade funcional. 

E por outro lado, o segundo obxectivo é poñer en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e alumnos do CIFP Carlos Oroza que colabora activamente con esta causa deseñando experiencias turísticas baseadas no turismo dos sentidos.  

Un dos membros da familia da Asociación Xoan XXIII deixounos clara a importancia destas xornadas. 

Mañá continuarán co este IV Foro Proturga do turismo accesible ao sensitivo nunha xornada onde haberá unha cata sensitiva de queixos grazas ao CIFP Carlos Oroza. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/turismo_accesible_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/turismo_accesible.mp4{/flowplayer}