O único belén que nace dunha batea está Noia

    NOIA> O mexillón é este ano o homenaxeado no tradicional nacemento do Museo do Mar de Noia. 30 metros cadrados e unhas seis mil cunchas deste bivalvo converten este Belén no máis visitados da comarca do Barbanza. 

     

    Unha gran batea convertida en Belén. Esa foi a idea coa que este Nadal nos quixeron sorprender no Museo do Mar de Noia, que leva varios anos creando un Nacemento inspirado nas augas do Barbanza. Este ano toca homenaxear ó ouro negro das nosas rías. Fëlix é a alma deste museo do mar, a súa paixón polo que fai deixa pegada tamén neste Belén, que consta de varias partes ben diferenciadas, con nexo en común, o mar.Nada máis 2 nada menos, que dous meses de traballo, para conseguir este resultado. Traballo de Félix, pero tamén de tódolos veciños que colaboran voluntariamente. Para quenes queran desfrutar deste máxico e bateeiro belén xa poden achegarse ó Museo do Mar de Noia e concerta unha visita guiada, ademais, polo mellor anfitrión posible. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/belen_mexllon_museomardenoia_291120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/belen_mexllon_museomardenoia_29112016.mp4{/flowplayer}