Unha marea de globos polos dereitos das persoas con discapacidade

    BOIRO> Un cento de alumnos e alumnas de tres centros educativos de Boiro celebraron hoxe con AMICOS, por adiantado, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que terá lugar mañá.

     

    Que se poñan na súa propia pel, que experimenten  o que senten cada día as persoas cunha discapacidade..iso é o que se pretendeu conseguir hoxe cos centos de nenos e nenas do colexio Santa Baia, e os institutos da A Cachada e de Espiñeira, do concello de Boiro. Non hai mellor forma de aprender que xogando, e mellor forma de entender cómo se senten os demais, que poñerse na súa pel. Miguel é un dos membros de Amicos que se encargou de ler o Manifesto posterior ás actividades, no que se reivindicaron os seus dereitos. Un manifesto ó que se uniu o alcalde de Boiro. Xoan Xosé Dieste destacou a importancia do apoio institucional, para que a igualdade sexa unha realidade para este colectivo. Toda unha lección a que viviron esta mañá estes rapaces e rapazas, que rematou como é xa tradición, coa solta de globos. Unha marea azul que cubriu o ceo boirense cunha única mensaxe: aprender a situarse no lugar do que temos ó lado. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/dia_internacional_persoas_discapacidade_021220161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/dia_internacional_persoas_discapacidade_02122016.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí