O BNG califica de “decepcionante” o investimento da Xunta en Pontevedra para o 2017

Pontevedra> Profundamente decepcionados ante as partidas orzamentarias que dende a Xunta destinarán a Pontevedra para o vindeiro 2017, así se sentiron esta maña dende o Concello e tamén o deputado no parlamento Luis Bará. Din que estas contas incumpren case todas as promesas coa cidade, por iso o alcalde xa ven de enviar a petición dunha reunión urxente con Feijóo co fin de poder mellorar estas partidas a capital de provincia. 

 

Decepcionantes, ese é o adxetivo que dende o Concello e dende o BNG do Parlamento Galego utilizaron para definir os orzamentos que dende a Xunta se destinarán para Pontevedra no vindeiro 2017. Unhas cifras que segundo dixeron continúan discriminando a Pontevedra e os únicos proxectos que se cumpren son os dos xulgados de Pontevedra e a ampliación de Montecelo. Do resto nada de nada. 

O alcalde de Pontevedra ven de solicitar unha reunión urxente co presidente da Xunta co fin de poder modificar o proxecto de orzamento que presentaron para a cidade do Lérez. 

Dende as filas parlamenarias do BNG xa anunciaron esta mañá que tamén presentarán enmendas e farán presión política para que o resultado final deste proxecto de orzamentos sexa moi distinto para Pontevedra. 

Queda mais de mes e medio por diante antes de que se aprobe este proxecto de orzamento por iso dende o concello e dende o BNG Parlamentario agardan que estas contas cambien sustancialmente e que o Goberno de Feijóo cumpra coas súas promesas coa cidade de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/05/orzamentos_xunta_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/05/orzamentos_xunta.mp4{/flowplayer}