Pontevedra promocionará en Madrid a Placemaking Week de setembro

PONTEVEDRA> A Placemaking Week Europe, que se vai celebrar na cidade de Pontevedra en setembro, vaise promocionar en Madrid. O congreso de urbanismo vaise presentar nun acto Museo Raíña Sofía. Hoxe o goberno local mantivo unha xuntanza de traballo coas empresas e organismos que van patrocina-lo evento, no que se darán cita 400 expertos de tres continentes.

Pontevedra continúa avanzando nos preparativos da Placemaking Week Europe, o congreso internacional de urbanismo que se vai celebrar na cidade a partir do 27 de setembro. O Concello quere darlle aínda unha maior proxección, facendo a súa presentación nun evento en Madrid. Será o vindeiro 7 de xullo no Museo Raíña Sofía.

E xente vai vir, porque agárdase a visita de 400 expertos, chegados na súa meirande parte de Europa, aínda que tamén de América e África. Esta mañá, membros do goberno local mantiveron un encontro con empresas e organismos que van patrocina-lo congreso. Un xeito tamén  de amosa-la dinámica empresarial da cidade.

Ademais, os patrocinadores tamén terán algo que dicir durante a Placemaking Week Europe. O seu programa incluirá tamén algunha das súas propostas. A Placemaking Week Europe converterá a Pontevedra nunha referencia internacional no debate sobre o modelo urbano das cidades do presente e futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí