A Deputación conmemora o 25N co arranque da oitava edición de ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra conmemorou este Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres co arranque dunha nova edición do seu programa ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’. O escenario da performance foi a escalinata do vestíbulo do Pazo Provincial.

O 25N conmemorouse na Deputación de Pontevedra co arranque dunha nova edición do programa ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’.

Hoxe foron a compañía Duelirium e Mónica de Nut as protagonistas da primeira performance desta oitava edición. A súa proposta ‘Corpos de abismos’ é a primeira das 25 que percorrerán toda a provincia.

Neste Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Deputación centrou o seu discurso no rexeitamento dos discursos negacionistas facendo un chamamento a tecer alianzas dende o feminismo.

Tamén participou no acto a xornalista Montse Fajardo. Na súa intervención leu o manifesto que elaborou para o concello de Pontevedra. Neste caso, o discurso dirixiuse aos homes para reclamarlles que reaccionen fronte á violencia machista.