Unha excursión de fin de curso ou un voluntariado a África?

PONTEVEDRA> Os alumnos do instituto Frei Martín Sarmiento decidiron cambiar a súa excursión de fin de curso por un voluntariado a África. Os estudantes están pedindo o apoio económico das empresas da cidade para que esta iniciativa pioneira se faga realidade.

As excursións de fin de curso sempre foron sinónimo de ocio, diversión e entretemento. Sen embargo, os alumnos de 1º de Bacharelato do instituto Frei Martín Sarmiento quixeron darlle unha volta e cambiar a festa e as visitas culturais por unha acción social. Grazas a súa profesora de economía, en setembro viaxarán a Marrocos de voluntariado.

A iniciativa foi tan ben acollida polos alumnos que ata a profesora segue sorprendida co entusiasmo dos estudantes.

Os doce alumnos desta clase viaxarán a África co único obxectivo de colaborar coa ONG “África soy yo” e vivir unha experiencia única.

Os estudantes utilizan agora a súa clase de economía para practicar todo o que aprenderon durante o curso e tratar de reunir eles mesmos o diñeiro para o proxecto.

Setembro, esa é a data elixida para que esta iniciativa pioneira se faga realidade. Pero para que eles podan axudar e colaborar coa ONG necesitan agora o apoio de todos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí