Pontevedra> Os pontevedreses optaron por viaxes ao norte de Portugal e ao norte de España nesta Ponte da Constitución. En relación ás viaxes, de cara o Nadal, a tendencia da cidadanía é pasar estes días no fogar pero os que apostan polas saídas os destinos elixidos sitúanse en Europa. París e Londres son as cidades preferidas para pasar estas datas sinaladas.
Esta semana da ponte da Constitución é de viaxes para gran parte da poboación. Dende Pontevedra apostan por escapadas próximas á casa. Os lugares elixidos para pasar estes días foron o norte de España e Portugal.
De cara ao Nadal en Pontevedra, segundo nos indicaron esta maña dende a axencia de viaxes, son máis de quedar na casa e de pasar estes días especiais en familia. Pero tamén os hai que optan por viaxar, os destinos preferidos para pasar este Nadal son capitais europeas como París ou Londres.
Hai moita oferta enriba das mesas de todas as axencias de viaxes, así que se queren pasar este mes de decembro fora da casa e saírse do habitual aínda están a tempo de facer unha escapada de Nadal.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/viaxes_nadal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/viaxes_nadal.mp4{/flowplayer}