O Gordo de Nadal deixa 8 millóns de euros na Pobra

A POBRA> O Gordo de Nadal deixa 8 millóns de euros na Pobra. A administración número 3 ‘La Mezquita’ vendeu 20 décimos do 88008. É a primeira vez que a vila barbanzá resulta agraciada co primeiro premio do sorteo de Nadal.

O número 8 converteuse en talismán na Pobra. O 88008 deixou 8 millóns de euros na vila. Vendéronse 20 décimos do Gordo na céntrica administración da Mezquita. Cunha mestura de nervios e emoción, os seus propietarios contábanos como recibiron a nova.

Estrean co Gordo o seu palmarés de Nadal posto que é o primeiro premio que dan neste sorteo dende que levan abertos.

A pesar de que se fixo de rogar, nada máis saír o número comezaron a achegarse ata a administración numerosos veciños, clientes habituais,  tamén curiosos e, quen sabe, se algún agraciado.

O Gordo tamén se deixou caer timidamente en Porto do Son, onde se vendeu un décimo. Non resto da comarca, dous quintos premios deixaron algún petisco en Noia e Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí