Comezan os traballos de pavimentación entre o Malecón e As Carolinas

RIBEIRA> Iniciadas as obras de asfaltado entre a avenida do Malecón e o paseo das Carolinas de Ribeira. O BNG amosou a súa satisfacción ante esta actuación posto que levaban tempo denunciando o mal estado do firme que supoñía un risco tanto para os peóns como para o tráfico rodado.

O convenio asinado en novembro entre Portos de Galicia e o concello coemzou por fin a materializarse co inicio dos traballos de reposición do firme na rotonda das amas de casa. O asfaltado deste treito completará a reforma do Malecón e a súa conexión co paseo das Carolinas.

Dende o BNG amosaron a súa satisfacción ante o inicio destes traballos que levan reclamado dende o 2017 ante o mal estado que presentaba a estrada.

Ademais do asfaltado da vía, os nacionalistas reclaman medidas de seguridade no parque García Bayón, recentemente reformado. Demandan a instalación dun balado entre a zona infantil e a saída dos garaxes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí