O PSOE de Rianxo saca adiante o proxecto para darlle un uso social ó baixo das vivendas dos mestres

RIANXO> Aprobada por unanimidade unha proposta do PSOE de Rianxo para a creación dun espazo social nas antigas vivendas dos mestres. O proxecto, suporá un investimento de preto de 300 mil euros con cargo ó POS adicional.

O PSOE de Rianxo conseguiu sacar adiante, co apoio unánime de toda a corporación, a posta en marcha dun espazo social para actividades terapéuticas nos baixos das antigas vivendas dos mestres. O proxecto suporá un investimento próximo ós 300 mil euros con cargo ó POS adicional da Deputación da Coruña.

Ademais da realización de actividades comunitarias permitirá a asignación das vivendas sociais con total seguridade co acondicionamento do baixo do inmoble.