O Grove acolle o VII do Mercado Tradicional Enxebre

    O GROVE> O Grove volveu hoxe á principios do século pasado mediante a celebración esta mañá do seu mercado tradicional Enxebre.

    {flowplayer}images/salnes/grove_antigo.flv{/flowplayer}

     A Praza de Arriba meca engalanouse, desta volta máis especialmente se cabe, para conmemorar unha data histórica: a visita á Toxa da Infanta Isabel, no ano 1914.

    Tras unha procesión coma daquela; a Infanta recibiu tódolos honores, ata as chaves da cidade de mans do propio alcalde grovense durante este día, entre os víctores e aplausos dos veciños. A mañá continuou con diversas transaccións neste mercado, no que coma noutrora, non faltaron productos típicos desta vila.

    Este mercado tradicional que cada ano organiza a Asociación Teatral Enxebre, tivo que ser aprazado este ano da súa data habitual, o día de San Martiño, en novembro por mor do mal tempo; co que neste 2011; haberá dous mercados tradicionais; con que si se perderon este, anímense en novembro posto que non tódolos días pode un abandonar estes tempos de crise para retrotraerse ata aquela época esplendorosa no Grove.

    Redacción Salnés