Un libreiro de Pontevedra arrasa en TikTok cos seus vídeos sobre manga

PONTEVEDRA> Un libreiro de Pontevedra arrasa en TikTok. Hai un tempo que Fernando Iglesias, propietario da Libraría Baroja, decidiu apostar por esta rede social para darse a coñecer. A diario sube vídeos falando sobre os cómics que se poden atopar no seu establecemento. Unhas pezas que acumulan milleiros de reaccións e que xa nota nas vendas.

Dende a rúa Palamios, en Pontevedra, ata México, Perú ou Arxentina. Para a Libraría Baroja non hai fronteiras grazas a Tiktok.

No 1995, tralo seu paso por varias carreiras universitarias, Fernando Iglesias decidiu que era o momento de asentar. Naceu así esta libraría que foi reinventándose cos tempos. Comezou especializándose no deporte, despois nos cans. O mundo da papelería e copistería tamén foi unha das súas vidas.

Ata que no 2013 decidiu dedicar a maioría dos seus andeis ao cómic.

Fernando Iglesias e Libraría Baroja non son novos nas redes sociais. Xa estaban en Facebook, pero é en TikTok onde a súa popularidade está disparada. Acumula milleiros de reaccións aos seus vídeos.

Algo que nota tamén na súa tenda física.

E si, dicimos física, porque renega totalmente da venda online.

Fernando asegura que no seu caso a receita do éxito non é complicada. Os seus vídeos son directos e sinxelos e conseguen conectar co seu público obxectivo: a mocidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí