A POBRA> Á espera da cita co Nazareno, o concello da Pobra acollerá outras festas nas parroquias. Destaca o Santísimo de Santa Cruz de Lesón que se celebrará entre o 6 e o 10 de setembro.
As festas do Santísimo de Santa Cruz de Lesón foron collendo moita sona nos últimos anos atraendo a numerosos veciños de todo o termo municipal da Pobra. A Comisión de festas, en colaboración co concello, traballou arreo para deseñar un programa para cinco días de celebración con propostas culturais e de lecer que se concentrarán sobre todo na fin de semana.
O domingo será o día grande coa misa solemne á unha e procesión en honor do Santísimo acompañada pola banda de gaias de Cuntis e Xiada. Os actos relixiosos contunuarán o luns na honta de San Roque e o martes na de San Xosé. Os dous días haberá misa e procesión a partir das seis da tarde, acompañadas do grupo d egaitas Xiada.