O asasino de Conchi Reguera confesa unha vez máis os feitos no xuízo que comezou hoxe

Pontevedra> Hoxe comezou o xuízo contra José Antonio Lusquiños, acusado de asasinar a súa ex parella Conchi Reguera hai pouco máis dun ano en Pontesampaio. O acusado volveu a recoñecer os feitos e a súa culpabilidade. A Fiscalía pide 20 anos de prisión mentres que a defensa do acusado pide 10 por concorrer dúas circunstancias atenuantes. 

 

Hoxe comezou o xuízo na sección segunda da Audiencia Provincial contra José Antonio Luquiños ,  acusado de asasinar a puñaladas a súa ex parella Conchi Reguera o 24 de outubro do pasado 2015 na parroquia de Pontesampaio. O acusado volveu a confesar os feitos alegando nas súas declaracións que se botaba de menos a súa ex parella e decidiu agardala preto da súa casa para estar con ela. Unha vez que ela chegou díxolle que subira ao coche que o ía a levar a súa casa. Unha vez dentro comezaron a discutir él, di, que sacou a navalla para liarse un porro e que a continuación cravoulla no interior do coche e que unha vez fora se cegou. 

Despois da primeira coitelada, ela saíu do coche e el detrás e volveu facelo varias veces. Detívose porque un veciño que residía xusto á beira saíu alertado polos berros dela e marchouse no coche da súa ex noiva sen rumbo fixo. 

O xurado popular composto por 4 mulleres e 7 homes terá que decidir o delito que se lle imputa. Mañá será o turno dos peritos, policías e demais corpos de seguridade que estiveron presentes na noite do asasinato. 

A Fiscal pide ao xurado que declare culpable dun delito de asasinato con aleivosía polo que piden que se impoña unha condena de 20 anos de prisión e 25 anos máis de prohibición de residir na parroquia de Pontesampaio onde ocorreu o crime a José Antonio Lusquiños.  E pola súa banda, a defensa do acusado, pedirá que o condenen por un delito de homicidio no que concorren dúas circunstancias atenuantes polo que pide 10 anos de prisión. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/xuizo_pontesampaio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/xuizo_pontesampaio.mp4{/flowplayer}