Derradeira xornada do xuízo. Mañá o xurado deberá deliberar e decidir se se trata dun asasinato con aleivosía ou un homicidio

Pontevedra> Última xornada do xuízo polo crime machista de Pontesampaio. Esta maña a fiscal e a defensa tentaron deixar clara a súa postura o xurado que mañá deberá deliberar e decidir se este caso se trata dun asasinato ou dun homicidio. A diferenza principal que ten que xulgar o xurado é se houbo ou non aleivosía. A pena, para o asasino confeso, estará entre os 20 anos que pide a fiscal e os 10 que pide a defensa. 

 

Última xornada do xuízo contra José Antonio Lusquiños, o asasino confeso de Conchi Reguera. Neste día foi o turno dos peritos, médicos forenses e todos os profesionais que estiveron involucrados con este terrible suceso. Ao finalizar as declaracións tocou o turno das conclusións finais da fiscal e da acusación. 

A fiscal do caso fixo un minucioso relato de cómo foron os feitos co fin de que o xurado entendese de que claramente se trata dun asasinato con aleivosía. 

A fiscal deixou clara vairas cousas sobre a mesa. Primeiro que José Antonio Lusquiños non fixo nada por axudar a Conchi na noite do 24 de outubro, segundo que  soamente parou de darlle navallazos unha vez que foi alertado polos berros dun veciño, terceiro que o asasino confeso non se quixo entregar en ningún momento, cuarto que houbo recoñecemento pero non confesión e quinto que José Antonio Lusquiños non tiña afectadas as súas capacidades mentais co cal sabía perfectamente o que estaba facendo. Por todo isto, a fiscal conclúe que se trata claramente dun asasinato con aleivosía co cal o asasino debería cumprir a pena máxima de 20 anos de cárcere. 

Pola súa banda o avogado do acusado, que hoxe xa anunciou que se accede á indemnización das vítimas e que pagará polos danos sufridos quixo lembrar que José Antonio Lusquiños declarouse culpable do asasinato, amosou arrepentimento e tamén que, segundo o letrado, non fora algo premeditado e que polo tanto se trata dun homicidio non dun asasinato polo que pide unha pena de 10 anos de cárcere. 

O xurado está convocado mañá mércores ás 9:30 da mañá na sección segunda da Audiencia Provincial para decidir o seu veredicto. Dende que cheguen a primeira hora estarán reunidos e non terán acceso ao mundo exterior ata que tomen a súa decisión. Deben decidir sobre se este caso se trata dun asasinato como defende a fiscal ou dun homicidio como defende a acusación.  

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/ultimo_xuizo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/ultimo_xuizo.mp4{/flowplayer}