Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC

Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade. Dende esta mañá, como hai xa dende hai 24 anos, xa poden visitar, realizar as súas compras ou as súas aportación no rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da da Asociación Española contra o cancro. De todos os cartos que recaden ao longo destes días o 18 por cento irán destinandos á investigación e o restante aos proxectos que levan a cabo dende Pontevedra. O obxectivo deste ano é chegar aos 18 mil euros de inversión grazas a este rastrillo. Un rastrillo onde nos podemos atopar de todo un pouco… Así que xa o saben se queren aportar o seu graniño de area, ou ben comprando ou donando todo o que consideren, poden facelo neste rastrillo solidario da Asociación Española Contra o Cancro na rúa da Oliva número 22 en horario de 10.30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí