O 66212, o quinto premio que caeu en Pontevedra

PONTEVEDRA> A sorte pasou de largo na cidade de Pontevedra. A lotería de Nadal deste ano non deixou grandes alegrías na Boa Vila. Soamente un comprador de máquina da administración da rúa Loureiro Crespo conseguiu facerse cun quinto premio. Pero, como a esperanza é o último que se perde, moitos comezan a pensar xa no sorteo do Neno.

Así estaban esta mañá a meirande parte das administracións de lotería de Pontevedra. E en especial esta situada na rúa Loureiro Crespo. O único punto de toda a cidade onde caeu un premio do sorteo de Nadal, o 66212.

E aínda que o premio foi vendido a través da máquina, a responsable desta administración non oculta a súa alegría.

Malia que os grandes premios pasaron de largo esta vez en Pontevedra, como di o refrán “o que non se consola é porque non quere”.

Porque como a esperanza é o último que se perde, os que non tiveron sorte neste sorteo de Nadal comezan xa a mercar os seus décimos para a Lotería do Neno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí