A veciñanza de Samieira de Poio reclama máis beirarrúas e pasos de peóns pola ‘perigosa’ PO 303

POIO> A veciñanza de Samieira, en Poio, reclama á xunta melloras na seguridade peonil da po 303. A estrada divide a parroquia en dúas partes e non conta con pasos de peóns e, nalgunhas zonas, incluso sen beirarrúas. Ao logo de esta estrada na parroquia atópase a igrexa, a praza e o supermercado entre outros puntos de interese.

A un lado da estrada a igrexa e ao outro o seu aparcamento. En medio unha estrada sen beirarrúas nin pasos de peóns e con vehículos transitando a unhas velocidades considerables. Este é un exemplo da perigosidade na PO 303 que denuncia a veciñanza de Samieira, no concello de Poio.

A PO 303 parte a parroquia de Samieira en dúas deixando aos diferentes lados da estrada puntos de interese como a igrexa, prazas ou o supermercado.

A veciñanza co apoio do PSOE da vila xa reclamou á xunta diferentes melloras peonís na estrada. Dende a administración autonómica revisaron á zona e comprometéronse a facer un paso de peóns que quedou simplemente nunha marca na estrada.

As reclamacións da veciñanza son dúas, máis pasos de peóns e beirarrúas nalgúns tramos onde non existen. Indican que a calzada da estrada ten tamaño suficiente como para acometer este proxecto sen afectar ás vivendas.

Precisamente por esta estrada transitan camións e autobuses cara a Armenteira, o que fai aínda máis perigoso para os peóns camiñar por ela. A veciñanza agarda que a Xunta escoite as súas demandas e actúa na zona, do contrario continuarán mobilizándose e protestando para que evitar a perigo para a parroquia de Samieira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí