“O único que queremos é vivir en paz”

    POBRA> Unha vintena de veciños de Ponte Barbanza, na Pobra, denuncian que levan anos atemorizados por un veciño que presuntamente se dedica a ameazalos e a cometer danos nas distintas propiedades do lugar. Algúns mesmo afirman que tiveron que abandonar a súa casa. Agora, fartos desta situación e grazas á asociación de veciños, anuncian que presentarán unha denuncia conxunta. 

     

     Son as imaxes da cámara de seguridade dunha veciña de Ponte Barbanza, na Pobra, grabando, segundo nos conta, a súa propiedade mentres na casa non hai ninguén. Varias horas de grabación que captan a un home, realizando obras neses terreos que presuntamente, non son seus. Trátase do veciño de Ponte Barbanza, acusado por unha vintena de vecinos de levar anos atemorizando, segundo eles afirman, a todos os que viven na zona. O caso de María José é só unha das moitas acusacións que recaen sobre este mesmo veciño. Son algúns dos testemuños que esta mañá se escoitaron entre estes veciños da Ponte Barbanza. Presuntas ameazas, danos, furtos, inxurias…Segundo estas familias é o que padecen desde hai case dez anos por parte deste veciño. Segundo nos contan hai quen memso tivo que abandonar a súa casa. A unión fai a forza. Iso é o que pensan agora este grupo de pobrenses, que coa axuda do presidente da Asociación veciñal, están organizando desde hai uns días a formalización dunha denuncia conxunta contra este veciño. Ata o momento, moitos non o fixeron, por medo a represalias. Esta mañá recollíanse máis testemuños para presentar ante a Garda civil para que se vaia prestando declaración ós presuntos afectados. Desde a Asociación aseguran que están dispostos a chegar onde faga falta, e que o único que buscan é poder vivir tranquilos nos seus fogares. Mentras a situación non se soluciona, este veciños da Ponte Barbanza continúan facéndose unha pregunta cada día…

    Sobre esta grave polémica veciñal falou o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro.  Nunha comparecencia ante os medios, anunciou que o concello revisará os expedientes urbanísticos que ten abertos o veciño de Ponte Barbanza contra o que se vai realizar esta denuncia colectiva. Piñeiro afirmou que este conflitos comezaron xa en 2008, e que algunas das obras que neles se recollen continúan a día de hoxe sen licencia.