A Asociación de Empresarios de Ribeira entre os 1000 euros á gañadora da campaña do Día da Nai

RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira fixo entrega esta mañá dos premios da campaña comercial desenvolvida polo Día da Nai.  A máis afortunada foi Yolanda Paz, gañadora do cheque de mil euros.

Así de agradecida recollía esta mañá o seu premio Yolanda Paz, gañadora dos mil euros sorteados pola Asociación de Empresarios de Ribeira na campaña do Día da Nai.

Non foi ela a única afortunada posto que tamén se sorteou unha cea para dúas persoas no restaurante Sisal e dúas cestas da compra en Gadis. Dende a patronal destacaron a importancia de seguir a promover estas campañas para fidelizar clientes.

Tamén dende o concello agradeceron o esforzo da asociación por seguir dinamizando o tecido comercial do municipio. Neste sentido, o tenente alcalde ofreceu a súa máxima colaboración para que Ribeira siga medrando.