O Castro de Alobre perfilase como o motor económico e turístico de Vilagarcía

    VILAGARCIA> O Castro Alobre como motor económico e turístico en Vilagarcía. Esa foi a tese defendida onte por Antonio Nicolau Martí, profesor no máster de Xestión Cultural da Universidade de Barcelona e Diego Play, arqueólogo director dos últimos traballos no xacemento vilagarcián. Unha idea centrou a charla-coloquio que se celebrou no Auditorio da vila.  

     

    O xacemento de Catro Alobre ocupa unhas dúas hectáreas de chan vilagarcián, concretamente está situado en O Castriño. Os últimos traballos desta excavación reportaron a sociedade numerosos achados importantes. Unha realidade que na charla coloquio que se celebrou onte no Auditorio de Vilagarcía, o arqueólogo encargado destes traballos, Diego Play, cualificou este castro arousá de excepcional. 

    Numerosas personalidades déronse cita, este martes, en Vilagarcía para asistir o relatorio dos expertos: Antonio Nicolau Martí, mestre da Universidade de Barcelona e Diego Play, arqueólogo director dos últimos traballos no xacemento vilagarcián, na que erexiron o Castro Alobre como o novo motor económico turístico de Vilagarcía, exemplificando mediante distintos casos nacionais nos que o patrimonio cultural supuxo un revulsivo cultural. 

    O experto catalán avogou durante a súa intervención por ir máis aló de turismo de sol e praia, e a elaboración de un paquete no que teña cabida, a parte da  gastronomía, o viño e a natureza, tamén o faga a cultura.

    Investigar, restaurar, poñer en valor e socializar o Castro Alobre, son ao entender destes expertos, os puntos nos que hai que traballar para conseguir darlle impulso a este activo patrimonial. Os dous poñentes defenderon, ante un Auditorio ateigado de xente, a necesidade de que continúen os traballos xa realizados con novas intervencións. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/castro_alobre_motor_economico_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/castro_alobre_motor_economico.mp4{/flowplayer}