Trinta comercios ofrecerán descontos e ampliarán horario no ‘Sábado Negro’ de Noia Histórica

NOIA> Máis de trinta establecementos comerciais participarán a partir deste venres, e durante toda a fin de semana, nunha nova edición do ‘Sábado Negro’, organizada por Noia Histórica. As tendas abrirán as súas portas ata as dez da noite e ofrecerán descontos do vinte por cento en tódolos seus artigos.

Lonxe de suspender a súa programación debido á crise sanitaria provocada pola covid, Noia Histórica decide apostar forte e volver a organizar unha nova edición do Sábado Negro. A campaña pretende contribuír a que os negocios poidan mellorar as súas vendas nun ano que non está a ser o agardado.

Dende Noia Histórica din que a campaña desenvolverase cumprindo as normas impostas polas autoridades sanitarias.

Para posibilitar un mellor desenvolvemento da campaña, a patronal noiesa decidiu ampliala a tres días. Dende mañá venres ata o domingo. Esta será unha das principais novidades xunto coa posibilidade de poder realizar tamén as compras online, a través da plataforma vadetiendas.

Dende o Concello fan un chamamento a participar nesta campaña e achegarse a Noia a facer as súas compras, aproveitando ademais a celebración da Mostra de Curtas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí