Rianxo baixo os ollos dos nenos

    RIANXO> “A vila do mañá” é o gráfico nome dos obradoiros de urbanismo e patrimonio que se están a realizar en Rianxo dirixidos a nenos e nenas da vila. O obxectivo é que este Nadal estes pequenos arquitectos tomen conciencia do seu municipio e achegalos ó urbanismo dun xeito lúdico.

    Que pasaría se vísemos as nosas vilas cos ollos dos nenos?  E se os cativos puidesen por un momento decidir o que queren para o seu pobo? Facemos a proba con este grupo de rapaces e rapazas de Rianxo. Que é o que máis te gusta da túa vila? E ó contrario, que cambiarías de Rianxo se puideses? Reflexións coma éstas, das que os maiores en ocasións teriamos moito que aprender, é parte do que buscan os Obradoiros de sobre urbanismo e patrimonio que o concello de Rianxo está levando a cabo durante este Nadal. Divididos en varios grupos, de entre 4 e 18 anos, a través de diferentes xogos e xincanas pola vila, estes pequenos futuros arquitectos reflexionan sobre Rianxo ó mesmo tempo que se divirten. Hoxe toca, enmarcar…E para que nos sirve isto? Froilán nolo explica, á perfección. Reflexionar sobre o que queremos para os nosos pobos, de cando en vez cos ollos dos nenos, pode axudarnos a entender mellor o que estamos a facer co urbanismo actual. E qué mellor que rematar a actividade que enmarcando o que máis valor ten de todo isto, que son eles, o futuro das nosas vilas e cidades.